Vídeos

Vídeos das Andainas polo Río Baa

1ª Andaina Polo Río Baa
14 de Abril de 2012 - Sábado.
Polos Montes de Prismos.
Comarca de Bezoucos.

O roteiro transcorreu polos montes de Prismos, un lugar dunha grande riqueza medioambiental e etnográfica onde se conxuga a beleza das súas paisaxes coa existencia de vestixios ancestrais nos que se conservan tradicións milenarias.

Máis nas inmediacións do Polígono industrial de Vilar do Colo, están depositados residuos asfálticos procedentes de Holanda, son miles de toneladas, da mesma partida que están depositados no porto exterior de Ferrol, centos de miles de toneladas. Esta agresión ao medio foi a que lle deu un dos principais contidos reivindicativos ao roteiro.

Nota.- Lamentamos que algúns dos vídeos sexan por razóns técnicas de moi pouca calidade. Os vídeos os iremos postando pouco a pouco.
1º Vídeo.- Na montaña de residuos asfálticos. Intervén o químico da USC.

2º Vídeo.- Chuvia e lavado dos residuos que irá parar ao Río Baa e despois a xa depauperada Ría.

3º Vídeo.- Na montaña de residuos asfálticos - Sobre os polígonos industriais - Intervención de Miguel Reimúndez, arquitecto e activista social membro do Colectivo pola rehabilitación e recuperación do patrimonio e os espazos públicos.

4º Vídeo.- No marco de San Lourenzo - Lenda - Intervén César Martínez Yáñez, mestre, membro da asociación ecoloxista Aetna.

5º Vídeo.- No marco de San Lourenzo - A toponimia do lugar. Intervén o profesor Xosé Manuel Sardiña, lingüista, activista social e concelleiro de Cabanas polo BNG.

6º Vídeo.- No Castro de Prismos - Intervención de Antón Malde, arqueólogo  que dirixe as equipas de investigación do Castro das Travesas (Carral).

7º Vídeo.- Nunha corredoira do lugar - A flora. Intervención de Antonio Gómez Corral, mestre, membro da Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN.

8º Vídeo.- Nun tramo do Río Baa - O río, o son e a flora.

9º Vídeo.- No Muiño de Petra - Intervención de Antonio Gómez Corral, mestre, membro da Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN.

10º Vídeo.- No Muiño de Petra - Intervención de Miguel Reimúndez, arquitecto e activista social membro do Colectivo pola rehabilitación e recuperación do patrimonio e os espazos públicos.

11º Vídeo.- No Muiño de Petra - Intervención de Carlos Vidal, activista social do 15M e membro de Verdegaia.

12º vídeo.- No muiño de Petra.- Intervención de Xesús Oca Ben, membro de ADEGA.

-----

Nenhum comentário:

Postar um comentário